Miranda interésase pola colectividade galega en Río de Xaneiro durante o encontro con Juan Alvite e compromete unha futura visita

Miranda e Alvite, durante o encontro celebrado na sede da SXE
Miranda e Alvite, durante o encontro celebrado na sede da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Juan Alvite, un importante referente das e dos galegos residentes en Río de Xaneiro, no que se interesou polo momento que viven os galegos e galegas neste estado do Brasil, comprometéndose a visitalo nos próximos meses.

Tal e como destacou Rodríguez Miranda, Juan Alvite é un destacado membro da colectividade galega xa que liderou, en diferentes momentos, as distintas institucións que agrupan ás e aos galegos de Río de Xaneiro, como por exemplo a Casa de España. O secretario xeral da Emigración aproveitou o encontro para agradecerlle o labor desenvolvido durante todos os anos de traballo en prol dos galegos e gelegas residentes neste país americano.

327 lecturas