Miranda reúnese con Juan Alvite, figura relevante da colectividade española en Río de Xaneiro para reforzar os lazos coa comunidade galega

Miranda reúnese con Juan Alvite, figura relevante da colectividade española en Río de Xaneiro para reforzar os lazos coa comunidade galega.
Miranda reúnese con Juan Alvite, figura relevante da colectividade española en Río de Xaneiro para reforzar os lazos coa comunidade galega.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, xunto ao delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, un encontro con Juan Alvite, unha das personalidades de maior relevancia da colectividade española na cidade brasileira e un referente histórico do asociacionismo galego. A reunión serviu para intercambiar impresións sobre a realidade actual da comunidade galega e española en Río, así como para analizar novas vías de colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades do exterior.

Durante o encontro, Miranda agradeceu unha vez máis o compromiso e a traxectoria de Alvite na defensa da cultura galega e no fortalecemento dos lazos entre Galicia e Brasil. O secretario xeral destacou o papel esencial de persoas como el para manter viva a galeguidade fóra das nosas fronteiras e para transmitir ás novas xeracións o orgullo de pertenza ás súas raíces.

364 lecturas