Miranda reúnese cos cónsules honorarios de Valencia, Puerto La Cruz e Barquisimeto, tres das rexións de Venezuela con maior presenza galega

A e os representantes venezolanos trasladaron ao secretario xeral da Emigración a situación actual que atravesa o país suramericano, cada día máis preocupante.

Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse cos cónsules honorarios de tres das rexións con maior presenza galega de Venezuela. A e os representantes de Valencia, Roberto Freire; Anzoátegui, Richard Barreiro; e Barquisimeto, Daría González, trasladaron ao responsable do departamento autonómico galego a situación que atravesa o país, que é cada día máis preocupante e que afecta á poboación galega que reside no país suramericano coa mesma intensidade que ao resto das e dos habitantes de Venezuela.

Miranda transmitiu o total apoio que ofrece o Goberno galego a todas e todos os galegos e venezolanos que viven no país, e os desexos de que a gravísima situación na que está inmersa desde hai tempo se resolva do xeito máis beneficioso posible para todos os cidadáns e as cidadás. O secretario xeral da Emigración puxo novamente os recursos de que está dotado o departamento autonómico a disposición de todos aqueles galegos e galegas que poidan acollerse a algún dos programas ou axudas deseñados pola Xunta de Galicia para contribuír a mellorar a súa calidade de vida e garantir as súas necesidades básicas.

191 lecturas