Miranda interésase pola situación das galegas e galegos de Venezuela nun encontro cos vicecónsules honorarios de Valencia e Barquisimeto
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, interesouse hoxe pola situación dos galegos e galegas de Venezuela nesta época de pandemia mundial nun encontro mantido na sede da Secretaría cos vicecónsules honorarios de Valencia e Barquisimeto, Roberto Carlos Freire Esaa e Daría González Barandela.
Durante este encontro analizouse a situación económica que lastra a calidade de vida das e dos galegos en Venezuela, agravada pola crise sanitaria da covid-19. Tamén se valorou neste senso, moi positivamente, a labor desenvolvida pola Xunta de Galicia que en 2020 destinou máis de 2,7 millóns de euros a través das distintas ordes de axudas deste departamento a galegas e galegos de Venezuela, tanto a entidades como a persoas individuais, así como ás e aos emigrantes retornados deste país en Galicia, véndose en total beneficiadas máis de 4.000 familias.
Novas relacionadas




