Miranda salienta o labor fundamental que levan a cabo as entidades do exterior na detección de galegas e galegos en situación de necesidade en Venezuela

O secretario xeral da Emigración agradeceu ao vicecónsul de España en Valencia o traballo que fai en coordinación coa Hermandad Gallega.

O responsable autonómico interesouse polo estado da colectividade galega en Venezuela.

O secretario xeral da Emigración agradeceu ao vicecónsul de España en Valencia o traballo que fai en coordinación coa Hermandad Gallega
O secretario xeral da Emigración agradeceu ao vicecónsul de España en Valencia o traballo que fai en coordinación coa Hermandad Gallega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu en persoa o labor fundamental que o vicecónsul español na cidade venezolana de Valencia, Roberto Freire, está a levar a cabo na procura de galegos e galegas residentes no país en situación de necesidade. No encontro que ambos mantiveron esta mañá en Santiago o responsable autonómico salientou a importancia que este empeño ten na distribución de axudas por parte do Goberno galego que axuden a paliar casos urxentes entre a colectividade no exterior.

Miranda solicitou ao vicecónsul que continúe na senda de intensificar este traballo de procura de galegos e galegas en situación de necesidade co obxectivo de, coa colaboración da Hermandad Gallega de Valencia, chegar ao maior número de persoas posible, e interesouse polo estado da colectividade galega en Venezuela. As e os galegos residentes no país suramericano constitúen unha das prioridades da Secretaría Xeral da Emigración, tanto pola situación que atravesa Venezuela como pola cantidade de cidadás e cidadáns galegos que acolle, que ascenden a 43.975.

665 lecturas