Miranda reúnese coa presidenta do Centro Gallego de Ceuta para coñecer como vive a comunidade galega a actual situación
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia coa presidenta do Centro Gallego de Ceuta, Elvira Lama, para interesarse por como están a vivir a actual situación nesta cidade autónoma española.
O secretario xeral da Emigración destacou que dende o Centro Gallego de Ceuta se asegura que, aínda que se viviron momentos de inquietude, a situación está a mellorar e está regresando a normalidade ás rúas. Pola súa banda, Rodríguez Miranda trasladoulle a total colaboración do seu departamento.
Novas relacionadas




