O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodriguez Miranda recibe a Presidenta da Federación de Sociedades Gallegas del Uruguay

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continuando coa rolda de audiencias cos representantes das entidades galegas no exterior recibiu no seu despacho a presidenta da Federación de Sociedades Gallegas del Uruguay, María Gil Pereira.

O responsable de Emigración do Goberno autonómico interesouse en primeiro lugar por como está a colectividade galega residente no Uruguai  afrontando as dificultades ocasionadas pola pandemia e expresou o seu compromiso e sobre todo desexo de visitalos tan pronto como a situación sanitaria o permita. Durante a distendida reunión abordaron as diferentes vías de colaboración para levar a cabo diferentes proxectos para os próximos meses.

A Federación de Sociedades Gallegas del Uruguai integra as entidades galegas asentadas neste país. Uruguai é o quinto pais con maior número de galegos residentes no exterior con 40.541 censados segundo o INE.

1051 lecturas