O secretario xeral da Emigración, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes da Asociación de Casas de Galicia de Barcelona e Provincia
Santiago de Compostela (A Coruña), 29 de abril de 2025. 
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes da Asociación de Casas de Galicia de Barcelona e Provincia para coñecer de primeira man a situación dunha das súas sedes que sufriu danos a causa dun incendio, e comprometéulles a axuda da Xunta de Galicia para solucionar esta situación extraordinaria.
Durante o encontro abordáronse as diferentes iniciativas que a entidade leva a cabo para a promoción da cultura e da tradición galegas en Cataluña, así como o seu traballo a favor da colectividade galega residente nesta comunidade.
Novas relacionadas
 
             
           
               
  		    



