Miranda reúnese coa nova presidenta do Centro Galego de Álava, Mónica Calvo, para analizar a situación da entidade e dos galegos e galegas residentes en Vitoria

O secretario xeral da Emigración e a presidenta do Centro Galego de Vitoria, durante a reunión na sede da SXE
O secretario xeral da Emigración e a presidenta do Centro Galego de Vitoria, durante a reunión na sede da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe coa nova presidenta do Centro Galego de Álava, Mónica Calvo, co obxectivo de coñecer a situación da entidade e dos galegos e galegas residentes en Vitoria e analizar as vías de colaboración de cara ás actividades do Ano Santo Xacobeo. 

Esta asociación conta con 4 agrupacións: grupo de Arte Galega, formado por 24 gaiteiras e gaiteiros, percusionistas e bailaríns; grupo de teatro Alecrín; o coro Aturuxo, composto por doce voces e o grupo de monte Saraibas, que ten como obxectivo coñecer a natureza alavesa. O centro Galego de Álava naceu nos anos 50 co obxectivo de axudar aos galegos e galegas que chegaban a Vitoria, manter a súa lingua e manter a súa cultura e costumes. Nestes intres, debido a situación da pandemia da covid-19, as instalacións atópanse pechadas e as actividades estanse a realizar de xeito telemático cando é posible.

905 lecturas