Emigración e o Centro Galego de Álava avanzan en novas vías de colaboración cultural en Euskadi
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Mónica Calvo, presidenta do Centro Galego de Álava e presidenta da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, co obxectivo de afondar no coñecemento da realidade da entidade e da colectividade galega asentada no País Vasco. Esta reunión serviu para intercambiar impresións sobre os retos actuais e explorar novas liñas de colaboración que permitan fortalecer o vínculo cultural con Galicia desde o País Vasco.
Durante a conversa, Miranda trasladoulle o seu respaldo ás distintas iniciativas que promoven os centros galegos no País Vasco como e a celebración do Día de Galicia en Euskadi que este ano se desenvolverá na localidade de Ondarroa. A entidade conta cunha intensa vida asociativa articulada en catro agrupacións principais: o grupo de Arte Galega, con gaiteiros, percusionistas e bailadores; a compañía teatral Alecrín; o coro Aturuxo, con doce voces activas; e o grupo de monte Saraibas, centrado na divulgación da contorna natural de Álava.
Fundado nos anos cincuenta para apoiar aos galegos que se estableceron na cidade, o Centro continúa a súa misión de conservar e difundir a lingua, cultura e tradicións galegas a través de múltiples actividades.
Novas relacionadas




