Miranda reúnese en Áraba coa directiva do Centro Galego para coñecer as actividades que están a organizar co gallo do Ano Santo Xacobeo
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a pasada fin de semana o Centro Galego de Áraba co obxectivo de interesarse pola situación dos galegos e galegas residentes en Euskadi así como para coñecer as actividades que se están a preparar de cara á promoción do Xacobeo.
O encontro tivo lugar coa directiva da asociación, coa súa presidenta á cabeza, Mónica Calvo, e durante o mesmo puxéronse sobre a mesa cuestións como a situación que viviu o centro durante a pandemia, o peche da sede e a transformación das actividades presenciais, así como a actual recuperación da vida habitual da asociación, o que supón xa a posta en marcha de diversas actividades relativas á potenciación do Ano Santo Xacobeo entre as e os galegos residentes nesta provincia do País Vasco e entre os propios veciños e veciñas de Vitoria.
Novas relacionadas