Miranda recibe ao presidente do Centro Galego de Burgos para analizar a recuperación das actividades da entidade

Imaxe da reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada no despacho do secretario xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de recibir ao presidente do Centro Galego de Burgos, Ángel Ferreiro, para analizar a recuperación das actividades da entidade que volve ter a súas portas abertas. 

Deste xeito, Ferreiro aproveitou o seu paso por Santiago de Compostela para devolver a visita que o secretario xeral realizou a Burgos en maio deste ano para interesarse pola situación dos galegos e galegas residentes na comunidade de Castela e León.  Entre outros temas, tamén se abordou a posta en marcha de iniciativas en prol da difusión do Xacobeo 21-22, xa que Burgos é precisamente un dos puntos de referencia do Camiño Francés. 

153 lecturas