Miranda felicita á Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria polas súas iniciativas solidarias

O secretario xeral da Emigración rematou nesta illa coa rolda de visitas ás entidades galegas nesta comunidade autónoma onde puido comprobar as obras realizadas trala reinauguración posterior ao incendio que sufriu este centro.

  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de Galicia de Las Palmas
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de Galicia de Las Palmas
  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de Galicia de Las Palmas
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Casa de Galicia de Las Palmas
Listen to this page using ReadSpeaker
Las Palmas de Gran Canaria, 25 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, finalizou na Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria a rolda de visitas que realizou estes días ás entidades galegas situadas nesta comunidade autónoma. Nesta entidade puido comprobar as reformas realizadas nos últimos meses para seguir a recuperar o edificio plenamente.

Tamén aproveitou o seu paso por este centro para agradecerlles polo seu labor de difusión e promoción da cultura e lingua galegas, así como o seu labor solidario, que permite apoiar a numerosas familias con diferentes tipos de necesidades. 

Deste xeito, cabe destacar a campaña benéfica de recollida de xoguetes na época do Nadal para as familias máis desfavorecidas da illa que se vén realizando dende fai anos e que supón unha media de recollida de máis de 14.000 xoguetes ao ano.

A Casa de Galicia de Las Palmas conta cunha escola de gaita e percusión e unha revista propia baixo o nome “Aturuxo”. Ademais, esta entidade iniciará en breve un obradoiro de cociña galega presencial.

686 lecturas