Miranda reúnese co embaixador de España en Uruguai, con quen analizou a situación da colectividade e das entidades galegas neste país

  • Imaxe da reunión celebrada hoxe na capital uruguaia
    Imaxe da reunión celebrada hoxe na capital uruguaia
  • Imaxe da reunión celebrada hoxe na capital uruguaia
    Imaxe da reunión celebrada hoxe na capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 30 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo hoxe en Montevideo unha reunión co embaixador de España en Uruguai, José Javier Gómez-Llera y García-Nava, con quen analizou a situación da colectividade galega e das súas entidades neste país americano.

Na reunión, na que tamén estivo presente o consejero de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social da Embaixada, Vicente Pecino, puxéronse sobre a mesa cuestións relativas ao Hogar Español e a Casa de Galicia, de cara a coñecer máis en profundidade a situación que están a vivir ambas entidades. 

244 lecturas