Miranda avalía co embaixador de España en Panamá a situación da colectividade galega
Cidade de Panamá, 28 de abril de 2022.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo nas últimas horas na Cidade de Panamá unha reunión co embaixador de España neste país, Francisco Javier Pagalday Gastelurrutia, con quen analizou a situación da colectividade galega tras estes dous últimos anos de pandemia.
Na reunión, na que tamén estivo presente Gabriel Alou Forner, segunda xefatura da Embaixada, tamén se solicitou a colaboración desta representación diplomática para dar a coñecer as políticas de retorno da Xunta de Galicia, e serviu para dar continuidade á colaboración que ambos departamentos desenvolven en prol das galegas e galegos residentes en Panamá e das entidades que os agrupan.
Novas relacionadas