Miranda e o embaixador de España en Uruguai acompañan o avance no acordo para a profesionalización da xestión do Hogar Español por parte da mutua ‘La Española’

  • Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
    Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
  • Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
    Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 23 de xullo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo onte en Montevideo unha reunión co embaixador de España en Uruguai, José Javier Gómez-Llera y García-Nava, na que estiveron presentes a nova delegada da Xunta neste país, Elvira Domínguez Alonso, e os representantes da mutua ‘La Española’ e o Hogar Español.

Segundo trasladaron os responsables de ambas entidades, o obxectivo do acordo é profesionalizar a xestión do Hogar Español de cara a mellorar a atención á colectividade galega. Tanto os representantes autonómicos como o embaixador español valoraron positivamente esta iniciativa pois ten como obxectivo apoiar a atención a maiores de orixe española no Uruguai. 

315 lecturas