Miranda reúne galegos dos principais estados de Venezuela nunha videoconferencia para dar continuidade ao seguimento da súa situación por mor da crise do coronavirus

O secretario xeral da Emigración celebrou unha xuntanza telemática con representantes de Caracas, Maracaibo, Puerto La Cruz ou Valencia.

As galegas e galegos do país centroamericano están a engadir as consecuencias do coronavirus á complexa realidade do país

Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos representantes das entidades galegas en Venezuela
Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración cos representantes das entidades galegas en Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de reunir galegos dos principais Estados de Venezuela nunha reunión telemática para dar continuidade ao labor de seguimento que leva a cabo o departamento autonómico de xeito permanente sobre a súa situación. A xuntanza, que se celebrou a través de videoconferencia, busca coñecer de primeira man as necesidades e propostas das galegas e os galegos do exterior que van xurdindo conforme evoluciona a pandemia da COVID-19 nos distintos países e continentes do mundo cunha presenza significativa de cidadás e cidadáns galegos. 

O encontro estivo presidido polo secretario xeral da Emigración e participado por representantes da Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas), Hermandad Gallega de Valencia, Centro Gallego de Maracaibo, Centro Gallego de Puerto La Cruz, a Fundación Fillos de Ourense-Fundaourense e a Federación de Centros Españoles en Venezuela.

Miranda aproveitou a ocasión para trasladarlles a preocupación do Goberno galego pola situación dun país con tanta tradición histórica na acollida de emigrantes galegas e galegos no século pasado, e que agora, á complexa situación causada pola pandemia, súmase á propia. Venezuela, que hoxe acubilla 33.278 cidadás e cidadáns galegos, pasou só nos últimos tres anos de ser o terceiro do mundo en presenza galega a converterse no quinto.

640 lecturas