Miranda continúa cunha conferencia con Alemaña, Reino unido e Portugal a rolda de seguimento da situación das e dos galegos do exterior pola crise do coronavirus

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro virtual cos e coas representantes dunha ducia de entidades galegas situadas nestes tres países de Europa.

Nesta segunda xuntanza participaron galegas e galegos de Hamburgo, Berlín, Cuxhaven, Frankfurt do Meno, Hannover, Nürnberg, Bonn, Troisdorf, Múnic, Londres e Lisboa.

O secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia cos e coas representantes das entidades galegas
O secretario xeral da Emigración, durante a videoconferencia cos e coas representantes das entidades galegas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dedicou a países de Europa a segunda videoconferencia institucional que está a facer cos galegos e as galegas do exterior para seguir a evolución da súa situación na crise mundial que está a xerar a pandemia do coronavirus. Nesta ocasión o titular do departamento autonómico quixo celebrar a xuntanza con representantes das entidades galegas situadas en Alemaña, O Reino Unido e Portugal, logo dunha primeira, celebrada o mércores, co delegado da Xunta na Arxentina e O Uruguai, Alejando López Dobarro, por ser o arxentino o país con maior presenza galega. 

O obxectivo desta nova reunión telemática foi actualizar a información sobre as necesidades e realidade da Asociación Cultural Galega de Hamburgo, a Asociación Cultural Galega "De Berlin Son", Centro Cultural Gallego de Cuxhaven, Centro Cultural Gallego de Francfort del Meno, Centro Cultural y Deportivo Galicia Emigrante 1972, Centro Galego de Hannover, Centro Galego de Nürnberg, Club Galicia de Bonn, Coordinadora Federal das Asociacións Galegas en Alemaña, Grupo Cultural Gallego de Troisdorf e a Peña Galega de Munich, todas elas con sede en Alemaña. Ás entidades teutonas engadíronse o Centro Galego de Londres e Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa.

As e os responsables dos centros galegos compartiron a súa situación e a das cidades e países nos que se atopan, que varían en función do Estado do que se trate, no caso das alemás, e puxeron en común as súas necesidades e perspectiva de futuro. Antonio Rodríguez Miranda expuxo as diferentes alternativas que está a estudar a Secretaría Xeral da Emigración para paliar as consecuencias que esta pandemia mundial pode deixar nas entidades galegas do exterior.

Máis de 37.000 cidadás e cidadáns galegos en total
En Alemaña, un dos países historicamente máis receptores da emigración galega, viven hoxe 17.519 galegas e galegos, converténdose no terceiro de toda Europa con máis poboación orixinaria de Galicia, mentres no Reino Unido, o quinto do Vello Continente, residen 15.324 e en Portugal fano 4.562, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a data 1 de xaneiro de 2020. Entre estes tres Estados de Europa suman, así, un total de 37.405 cidadás e cidadáns galegos emigrantes ou descendentes.

En imaxes
524 lecturas