Miranda celebra unha xuntanza telemática coas galegas e os galegos de Valencia, Murcia, Baleares e Canarias para seguir de preto a súa situación nesta pandemia

Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración con representantes das entidades galegas na Comunidade Valenciana, Murcia, as Illas Baleares e Canarias
Imaxe da videoconferencia do secretario xeral da Emigración con representantes das entidades galegas na Comunidade Valenciana, Murcia, as Illas Baleares e Canarias
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, celebrou unha videoconferencia cos galegos e galegas da Comunidade Valenciana, Murcia, as Illas Baleares e Canarias para coñecer a súa situación nestes momentos tan complexos que está a causar a pandemia do coronavirus. Esta xuntanza telemática dá continuidade á nova rolda de contactos que está a manter coas e cos galegos dos principais países do mundo con presenza galega, nos que o titular do departamento autonómico está a transmitir ás e aos representantes das entidades galegas unha mensaxe de tranquilidade e a adiantarlles algunhas das medidas que o Goberno galego ten previsto tomar nos vindeiros meses para minorar as consecuencias que está pandemia está a deixar nos centros galegos de todo o mundo.  Neste novo encontro participaron representantes do Centro Galego de Valencia , o Centro Gallego de Alicante , o Centro Galego de Castelló “O Aturuxo”, o Centro Gallego de Murcia, o Centro Gallego de Mallorca, a Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria, o Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife e o Centro Gallego de Fuerteventura.

En imaxes
372 lecturas