Miranda recibiu ao presidente de AEGUSA, José Manuel Brandariz, quen lle trasladou o interese da comunidade galega en Miami de promocionar o Camiño de Santiago
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao presidente da Asociación de Empresarios Galegos de EE.UU. (AEGUSA), José Manuel Brandariz, quen lle trasladou o interese da comunidade galega en Miami de promocionar o Camiño de Santiago.
Na visita estivo acompañado do vicepresidente da asociación, Juan José Casais.
Nese senso, José Manuel Brandariz explicoulle a Antonio Rodríguez Miranda que están a traballar xa en diversas iniciativas que teñan como fin promocionar a nosa comunidade autónoma no país norteamericano. “Cada vez estamos a notar maior interese non só dos galegos residentes nos Estados Unidos polo Camiño de Santiago, senón tamén dos propios estadounidenses que comezan a ser un dos colectivos que máis aprecian as bondades do Xacobeo”, engadiu o secretario xeral.
Nos EE.UU. residen actualmente 23.175 cidadás e cidadáns galegos, 8.325 nados en Galicia, sendo o resto descendentes.
Novas relacionadas