Xunta e AEGUSA acordan que Miami conte cun simbolo xacobeo que poña o Camiño de Santiago no skyline da cidade

Rueda, Miranda e Brandariz, durante a reunión celebrada na capital de Galicia
Rueda, Miranda e Brandariz, durante a reunión celebrada na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2021.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiron ao presidente da Asociación de Empresarios Galegos de EE.UU. (AEGUSA), José Manuel Brandariz, con quen analizaron vías de colaboración para a promoción do Xacobeo 21-22 en Miami.

Nese senso, José Manuel Brandariz explicoulle a Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda que a colectividade galega de Florida está a traballar en diversas iniciativas como a colocación dunha mouteira nun lugar emblemático de Miami para a promoción e sinalización do Camiño de Santiago, así como engadir algún outro símbolo de Galicia para o que se conta coa colaboración da cidade norteamericana. 

O responsable de Aegusa trasladou tamén que se está a traballar en colaboración co Goberno local para a posta en marcha de actividades de información e divulgación sobre o Camiño de Santiago. 

Nos EE.UU. residen actualmente 23.175 galegas e galegos, 8.325 nados en Galicia sendo, o resto, descendentes. 

300 lecturas