A Florida desfrutará do cocido de Lalín da man da comunidade galega en Miami

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou ao alcalde da capital do Deza, José Crespo, e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos dos Estados Unidos, José Manuel Brandariz.

Imaxe desta mañá, en Lalín, da presentación das Xornadas do Cocido que se celebrarán en Miami
Imaxe desta mañá, en Lalín, da presentación das Xornadas do Cocido que se celebrarán en Miami
Listen to this page using ReadSpeaker
Lalín (Pontevedra), 9 de setembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe no concello de Lalín, á presentación das Xornadas do Cocido que se realizarán en Miami en marzo do próximo ano, xunto ao alcalde da capital do Deza, José Crespo, e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos dos Estados Unidos, José Manuel Brandariz.

Rodríguez Miranda trasladou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa que permitirá gozar, grazas á comunidade galega de Miami, dun dos principais produtos gastronómicos galegos como é o cocido, que conta coa cualificación de Festa de Interese Turístico Internacional.

“A colaboración da Xunta de Galicia co Concello de Lalín e a Aegusa fará posible a potenciación da gastronomía galega nesta cidade norteamericana”, engadiu Miranda, quen felicitou á comunidade galega de Miami por esta iniciativa que “potencia aínda máis o noso nexo de unión”.

  • Audio coas declaracións do secretario xeral da Emigración | Descargar MP3
267 lecturas