Miranda recibe á presidenta do Lar Galego de Pamplona salientando un importante impulso pola cultura e gastronomía galega

  • O secretario xeral da Emigración e a presidenta do Lar Galego, durante o encontro celebrado na sede da SXE na capital de Galicia
    O secretario xeral da Emigración e a presidenta do Lar Galego, durante o encontro celebrado na sede da SXE na capital de Galicia

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a María Jesús Rodríguez, presidenta  do Lar Galego de Pamplona, con quen fixo balance das actividades realizadas por esta entidade durante o presente ano. 

Miranda salientou o traballo realizado pola cultura galega pero, nesta ocasión, quixo destacar o impulso que o restaurante “La lonja del Lar Gallego”, recentemente instalado na sede do centro, outorgou á promoción e divulgación da gastronomía galega, converténdose nun referente da capital navarra. 

Por último, o secretario xeral tamén quixo trasladar á directiva, a través da súa presidenta, o esforzo realizado nos últimos anos, pondo como exemplo o fito de conseguir que unha praza do concello pamplonés, a finais do ano 2022, fose denominada Rosalía de Castro e que, ademais desta denominación, conte cun busto da destacada escritora. Un logro que contou coa colaboración das autoridades pamplonesas e da propia Xunta de Galicia.

600 lecturas