Miranda recibe á presidenta do Lar Galego de Pamplona destacando novas oportunidades de colaboración cultural ás vísperas do 75º aniversario da entidade

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 23 de agosto de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con María Jesús Rodríguez, presidenta do Lar Galego de Pamplona, e Jacobo Ruibal, tesoureiro da entidade, onde se avaliaron as accións desenvolvidas por esta entidade ao longo do último ano. Durante o encontro, Miranda destacou a importancia das iniciativas culturais levadas a cabo polo Lar Galego, subliñando o papel esencial que desempeñan na preservación e promoción da identidade galega fóra de Galicia, precisamente nas vísperas do 75º aniversario da entidade.

Nesta reunión, tamén se exploraron novas vías de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Lar Galego de Pamplona, coa finalidade de reforzar os lazos culturais e sociais entre Galicia e a comunidade galega en Navarra. Miranda expresou o seu compromiso de seguir apoiando ás entidades galegas fora de Galicia, asegurando que a Xunta de Galicia continuará traballando para potenciar o papel destas asociacións como embaixadoras da cultura e tradicións galegas no mundo.

431 lecturas