A presidenta do Lar Galego de Pamplona traslada ao secretario xeral da Emigración as iniciativas para a promoción da cultura galega en Navarra do próximo ano

  • Antonio Rodríguez Miranda e María Jesús Rodríguez, na sede de Emigración en Santiago de Compostela
    Antonio Rodríguez Miranda e María Jesús Rodríguez, na sede de Emigración en Santiago de Compostela
  • Antonio Rodríguez Miranda e María Jesús Rodríguez, na sede de Emigración en Santiago de Compostela
    Antonio Rodríguez Miranda e María Jesús Rodríguez, na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu a María Jesús Rodríguez, presidenta  do Lar Galego de Pamplona, quen lle deu traslado das iniciativas que o centro está a preparar para a promoción da cultura galega en Navarra durante o próximo ano, 2024. Esta entidade converteuse o pasado mes de setembro en novo membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

Miranda agradeceu a María Jesús Rodríguez o traballo que a prol da galeguidade se está a realizar dende esta entidade que, recentemente, logrou que unha praza do concello de Pamplona puidese levar o nome da nosa poetisa universal, Rosalía de Castro. “Iniciativas así permiten que o nome de Galicia e dos nosos máis ilustres galegos soen en todos os lugares do mundo”, asegurou o secretario xeral da Emigración. 

362 lecturas