Miranda recibe á presidenta do Lar Galego de Pamplona, á que felicitou polo bo traballo realizado na reactivación das actividades presenciais do centro

O secretario xeral da Emigración e a presidenta do Lar Galego de Pamplona, na Praza de Cervantes da capital galega
O secretario xeral da Emigración e a presidenta do Lar Galego de Pamplona, na Praza de Cervantes da capital galega
Encontro de Antonio Rodríguez Miranda e María Jesús Rodríguez
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a María Jesús Rodríguez, presidenta  do Lar Galego de Pamplona, con quen aproveitou para realizar un pequeno paseo por Santiago de Compostela achegándolle o espírito do Xacobeo 21-22 que xa se está a vivir nas rúas da capital de Galicia.

Durante esta visita, o secretario xeral da Emigración aproveitou para felicitar á presidenta do centro galego en Navarra pola reactivación, con éxito “e moita seguridade sanitaria”, das actividades presenciais desta asociación, que xa comezaron a ser unha realidade coa celebración de diversas iniciativas polo Día das Letras Galegas.

Miranda destacou o traballo que tamén se está a facer dende este centro para a promoción e difusión do Xacobeo, xa que, nestes mesmos intres, atópase un grupo de galegas e galegos residentes en Navarra percorrendo o Camiño en diversas etapas por esta comunidade autónoma.

O secretario xeral agradeceulle a visita á presidenta do centro galego de Pamplona e animoulle a seguir a traballar “neste mesmo senso, de cara a continuar potenciando a nosa cultura e a nosa lingua entre os galegos residentes no norte de España”. 

442 lecturas