Miranda recibe á presidenta do Centro Galego de Móstoles, a quen animou a continuar coa reactivación das actividades da asociación

Antonio Rodríguez Miranda e María Jesús de la Fuente, na sede da SXE na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda e María Jesús de la Fuente, na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho a María Jesús de la Fuente, presidenta do Centro Galego de Móstoles, con quen analizou a reactivación das actividades presenciais desta asociación madrileña.

Durante esta visita, o secretario xeral da Emigración aproveitou para animarlles a continuar a traballar neste senso, de cara a continuar a potenciar a cultura e lingua galegas na comunidade de Madrid, destacando a aplicación das medidas sanitarias necesarias para a recuperación destas iniciativas, “xa que estamos a falar dun centro moi implicado coa colectividade galega en Móstoles”.    

O Centro Galego de Móstoles fundouse en 1997 e entre as súas actividades formativas atópanse clases de gaita e percusión tradicional, baile rexional, coro, encaixe de palillos, patchwork e pandeireta que ofrece o grupo A Peneira. Esta agrupación realiza un labor de interpretación de bailes e músicas propias das aldeas de Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña, cun repertorio formado por danzas e bailes que van dende as típicas muiñeiras e xotas ata as ribeiranas ou as composicións tradicionais. 

420 lecturas