Miranda agradece ao Lar Gallego de Pamplona o seu traballo para achegar Galicia ás novas xeracións

Miranda agradece ao Lar Gallego de Pamplona o seu traballo para achegar Galicia ás novas xeracións.
Miranda agradece ao Lar Gallego de Pamplona o seu traballo para achegar Galicia ás novas xeracións.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa presidenta do Lar Galego de Pamplona, María Jesús Rodríguez, e membros da directiva no que analizaron a actividade que desenvolve a entidade e os seus proxectos para continuar achegando Galicia á colectividade galega residente en Navarra. Miranda puxo en valor especialmente as iniciativas culturais impulsadas polo Lar, destacando o seu papel na preservación e promoción da cultura galega fóra da comunidade.

Durante a reunión, o secretario xeral agradeceu o compromiso da directiva e dos socios coa difusión da cultura e das tradicións galegas e abordou coa presidenta novas posibilidades de colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración. Miranda reiterou o apoio da Xunta ao tecido asociativo galego no exterior e salientou que “entidades como o Lar Galego de Pamplona son unha ponte permanente con Galicia e contribúen a que a nosa cultura continúe viva, visible e aberta tamén ás novas xeracións”.
 

52 lecturas