Miranda recibe á nova presidenta da Hermandad Gallega de Venezuela na sede da Secretaría Xeral da Emigración

  • O secretario xeral da Emigración e a presidenta da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, na sede da SXE na capital de Galicia
    O secretario xeral da Emigración e a presidenta da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, na sede da SXE na capital de Galicia
  • Miranda e Cendón, na sede da SXE na capital de Galicia
    Miranda e Cendón, na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá á nova presidenta da Hermandad Gallega de Venezuela, Noemí Cendón Tizón, na sede da Secretaría Xeral na Praza de Mazarelos para coñecer como está a vivir estes primeiros meses como responsable desta importante entidade galega no país caribeño e analizar as futuras iniciativas que ten pensado poñer en marcha neste centro. Noemí Cendón substituíu este ano no cargo a José Antonio Alejandro, anterior presidente da Hermandad.

Na actualidade, a Hermandad Gallega de Venezuela conta con máis de 33.500 persoas asociadas, das que a gran maioría, 23.500, son galegas ou descendentes. Situada en Caracas, o Centro de día da Hermandad presta servizo a medio cento de galegas e galegos residentes na capital venezolana. A entidade ofrece actividades de todo tipo, tanto culturais como sociais, deportivas e de ocio para as e os galegos do exterior que viven no país. Tamén conta co Colexio Castelao de Infantil, Primaria e Bacharelato con máis de 500 alumnas e alumnos.

399 lecturas