O Comité de Damas da Hermandad Gallega de Venezuela recadou máis de 4 millóns de Bs. para a Asociación Venezolana de Pais de Nenos con Cancro

  • O Comité de Damas da HGV organizou diversos actos de recadacion de fondos para esta causa solidaria
    O Comité de Damas da HGV organizou diversos actos de recadacion de fondos para esta causa solidaria

Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas, 13 de novembro de 2015.

O 13 de novembro o Comité de Damas da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas fixo entrega dun donativo por valor de 4.172.880,00 Bs. á Asociación Venezolana de Pais de Nenos con Cancro.

A entidade galega na capital venezolana recadou esta cantidade a través de diversos actos organizados ao longo do mes de outubro -que tiveron un evento central celebrado o sábado 24 de outubro cunha festa medieval coas actuacións de todos os grupos culturais da Hermandad e a banda folk Gaélica- e os donativos realizados por persoas particulares que quixeron contribuír nesta causa solidaria.

Fonte e fotos: Hermandad Gallega de Venezuela

798 lecturas