Miranda mantén un encontro coa cónsul de Brasil en Madrid, Vera Cintia Álvarez, quen se interesou polas políticas de apoio aos galegos e galegas do exterior da Xunta de Galicia

O secretario xeral da Emigración e a cónsul do Brasil en España, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Compostela
O secretario xeral da Emigración e a cónsul do Brasil en España, durante a reunión celebrada na sede da SXE en Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a Vera Cintia Álvarez, cónsul de Brasil en Madrid, quen, durante a súa visita a Santiago de Compostela, quixo analizar co responsable do departamento autonómico as políticas de apoio da Xunta de Galicia aos galegos e galegas do exterior. 

A diplomática e o secretario xeral da Emigración tamén intercambiaron información sobre a situación da colectividade galega no Brasil, destacando Álvarez que, precisamente, a súa familia é orixinaria de Ribadavia. Brasil conta coa segunda maior colectividade galega do mundo detrás da Arxentina, con 50.333 galegas e galegos residentes. 

259 lecturas