Miranda recibe a Michelle Miron, do histórico Centro Español “La Nacional” de Nova York, ao remate do camiño que realizou na honra do seu avó galego

O secretario xeral da Emigración agradeceu a representante deste histórico centro español con gran presencia de galegos, o seu interese por celebrar o Xacobeo, regresando así a Galicia tras 16 meses sen poder viaxar.

Miron recordou que o Camiño forma parte da identidade de tódolos galegos, e que cumpría así a promesa realizada ao seu avó con quen acordou realizar a viaxe “que nunca puidemos facer porque faleceu xusto o ano pasado”.

Miranda recibe a Michelle Miron, do histórico Centro Español “La Nacional” de Nova York, ao remate do camiño que realizou na honra do seu avó galego
Miranda recibe a Michelle Miron, do histórico Centro Español “La Nacional” de Nova York, ao remate do camiño que realizou na honra do seu avó galego
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2021.

O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu na praza do Obradoiro a Michelle Miron, representante do histórico centro español “La Nacional”, que conta con gran número de representantes galegos, ó remate da súa viaxe polo Camiño Portugués pola Costa a Santiago, realizado en honor do seu avó, quen faleceu o ano pasado.

Esta galega, xa nada en Estados Unidos, é unha das primeiras peregrinas deste país que completa o Camiño, e tal e como lle trasladou o secretario xeral, “para nós é precisamente un orgullo que esto sexa así, xa que ninguén como un galego do exterior para valorar o que o Xacobeo significa para a nosa identidade como pobo”.

Michelle Miron explicou que as súas raíces atopábanse en Lorbé, Oleiros, e que o seu avó, “que era moi aventureiro”, sempre estaba a falar de percorrer con ela o Camiño de Santiago. “Lamentablemente faleceu o ano pasado, e decidín que, en canto puidera coller un avión, iría a facer o Camiño. Así que, 16 meses despois de que a pandemia nos impedira viaxar, collín un voo a Lisboa e percorrín 220 quilómetros entre Porto e Santiago para cumprir a promesa que lle fixen ao meu avó”.

Rodríguez Miranda animou a Miron a invitar a cantos coñece a realizar a mesma aventura e a coñecer os diferentes camiños de Santiago, “que lles aportará unha explosión de sensacións físicas e de sentimentos, e que hai que facer, a lo menos, unha vez na vida”.

683 lecturas