Miranda recibe ao presidente da Casa de Galicia en Huelva ao remate da súa peregrinación polo Camiño Portugués pola Costa

Miranda e Pastoriza, diante da sede da SXE en Compostela
Miranda e Pastoriza, diante da sede da SXE en Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao presidente da Casa de Galicia en Huelva,  Antonio Pastoriza, quen acaba de rematar a súa peregrinación polo Camiño Portugués pola Costa. O responsable autonómico agradeceu a súa visita e a súa implicación co Ano Santo, destacando que a súa iniciativa sirva como exemplo para os veciños e veciñas de Huelva de cara a que se animen tamén a vivir o Xacobeo.

Miranda aproveitou a visita para gabar o traballo que está a desenvolver a Casa de Galicia en Huelva como difusora da cultura galega e do propio Camiño de Santiago a través de diferentes iniciativas que promoven o irmandamento entre Galicia e Andalucía e agradeceulle ao presidente a súa implicación, xunto a toda a directiva e socias e socios da entidade, no bo funcionamento deste centro, recordando que tamén é sede da Asociación do Camiño de Santiago de Huelva. A Casa de Galicia de Huelva foi fundada en 1998 e conta con 178 familias asociadas.

531 lecturas