Miranda recibe ás autoridades do Goberno de Córdoba da Arxentina, dentro da rolda de contactos oficiais coas autoridades dos países con maior presenza galega

Imaxe da reunión celebrada hoxe na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada hoxe na sede da Secretaría Xeral da Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe, na sede da Secretaría Xeral, aos representantes do Goberno da Provincia de Córdoba (Arxentina), dentro da rolda de contactos oficiais que está a levar a cabo coas distintas autoridades dos países que contan con maior presenza galega. 

No encontro estiveron presentes o secretario de Integración Regional do Goberno desta provincia, Jorge Luciano Montoya, e o subsecretario de Integración Regional y Relaciones Internacionales, David Mauricio Urreta, ademais do director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa. Cordoba é unha provincia de 3,5 millóns de habitantes, a cuarta economía de Arxentina e conta cunha Casa de Galicia fundada en 2001 e que posúe 230 socios e socias. Durante estes días, os representantes do Goberno de Córdoba manterán en Galicia unha intensa axenda de reunións, entre as que destaca a que terá lugar coa Axencia Turismo de Galicia, co obxectivo de coñecer a xestión do Camiño de Santiago.

290 lecturas