A Xunta acorda coas autoridades da provincia de Córdoba (Arxentina) as iniciativas para a promoción do Ano Santo Xacobeo

Os responsables autonómicos solicitaron a colaboración das autoridades desta provincia arxentina para difundir no territorio o Ano Santo compostelán. 

Tamén se analizou a posibilidade da implantación dunha mouteira do Camiño nesta contorna.

Imaxe da videoconferencia de hoxe entre as autoridades de Galicia e da Córdoba arxentina
Imaxe da videoconferencia de hoxe entre as autoridades de Galicia e da Córdoba arxentina
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, xunto ao director do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, mantiveron hoxe, no marco das actividades de difusión do Xacobeo 21-22, unha reunión cos representantes do Goberno da provincia de Córdoba en Arxentina, para analizar a promoción do Camiño de Santiago nesta área do país do Cono Sur.

No encontro estiveron presentes tamén o secretario de Integración Regional de la provincia de Córdoba, Jorge Montoya, o subsecretario de Integración Regional, David Urreta, o presidente da Agencia Córdoba Turismo, Esteban Avilés, e o director de Jurisdicción de Promoción, Marketing y Produtos Turísticos en Agencia Córdoba Turismo, Alejandro Lastra.

Durante o encontro, os responsables autonómicos solicitaron a colaboración das autoridades de Córdoba na difusión no territorio da provincia do Ano Santo  compostelán e tamén se analizou a posibilidade da implantación dunha mouteira do Camiño de Santiago e a realización dunha exposición temática.   

Cordoba é unha provincia de 3,5 millóns de habitantes, a cuarta economía de Arxentina. A Casa de Galicia foi fundada en 2001 e conta con 230 socias e socios. As autoridades cordobesas solicitaron que o seu persoal técnico de turismo poida participar dos cursos de prescritores do Camiño de Santiago, cursos de formación impartidos pola Sociedade Xacobea.   

Ademais, cabe destacar que en Córdoba existe tamén o Camiño do Cura Brochero, declarado santo polo papa Francisco recentemente, e que está en pleno desenvolvemento. As autoridades desta provincia arxentina trasladaron este tema aos responsables da Xunta de Galicia co obxectivo de coñecer aspectos da xestión do Camiño de Santiago dado o éxito mundial do itinerario. 

814 lecturas