Miranda mantén unha reunión coa Casa de Galicia de Córdoba para coñecer a realidade actual dos galegos e galegas residentes nesta provincia arxentina

O secretario xeral da Emigración mantivo tamén un encontro cos e coas representantes da Casa de España, interesándose pola situación da colectividade española e firmando no Libro de Ouro da institución.

  • O secretario xeral da Emigración reuniuse cos e coas representantes da Casa de Galicia e da Casa de España en Córdoba
    O secretario xeral da Emigración reuniuse cos e coas representantes da Casa de Galicia e da Casa de España en Córdoba

Listen to this page using ReadSpeaker
Córdoba (Arxentina), 8 de febreiro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos e coas representantes da Casa de Galicia en Córdoba co obxectivo de coñecer a realidade actual dos galegos e galegas residentes nesta provincia arxentina e coñecer as actividades realizadas ao longo do pasado ano e o programa de iniciativas previstas para o 2023. Durante a visita tamén mantivo un encontro cos e coas representantes da Casa de España, interesándose pola situación da colectividade española e firmando no Libro de Ouro da institución.

Durante esta reunión, o secretario xeral tamén aproveitou para trasladar a esta entidade as novidades relativas ás medidas recollidas na nova Estratexia Galicia Retorna 2026 que acaba de aprobar a Xunta de Galicia e que ten como obxectivo facilitar o retorno dos galegos e galegas á comunidade autónoma e garantir a súa correcta adaptación a sociedade galega. Estas medidas, que chegan ao centenar, afectan a todos os ámbitos, o social, o educativo, o administrativo e o laboral. En especial, destacou a iniciativa Retorna Cualifica Emprego, que suporá un investimento de 4M€ para ofrecer postos laborais en Galicia, casando así as vacantes das empresas coas necesidades de traballo das e dos que volven. As e os que se sumen a esta iniciativa contarán cun contrato laboral de, polo menos, un ano de duración.

386 lecturas