Miranda remata a súa primeira viaxe do ano á Arxentina cunha reunión con representantes do Goberno español

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro co embaixador de España na capital arxentina, Javier Sandomingo Núñez

Miranda remata a súa primeira viaxe do ano á Arxentina cunha reunión con representantes do Goberno español
Miranda remata a súa primeira viaxe do ano á Arxentina cunha reunión con representantes do Goberno español
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires, 27 de xuño de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pechou a súa primeira viaxe do ano á Arxentina cunha reunión institucional con representantes do Goberno de España na capital porteña. O responsable do departamento autonómico mantivo un encontro co embaixador español en Bos Aires, Javier Sandomingo Núñez, que se enmarca nas relacións de estreita colaboración e cordialidade entre ambas Administracións, a estatal e a galega, e á que tamén asistiu o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro.

151 lecturas