Miranda anima aos socios e socias do Centro Partido do Carballiño a presumir de galeguidade na celebración do seu primeiro centenario

O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que entregou unha placa e animou a seguir traballando en prol da colectividade galega.

  • O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que entregou unha placa e animou a seguir traballando en prol da colectividade galega
    O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que entregou unha placa e animou a seguir traballando en prol da colectividade galega
  • De esquerda a dereita: o secretario xeral da Emigración; o alcalde de San Amaro, o vicepresidente da Deputación de Ourense; o alcalde do Carballiño; o embaixador de España na Arxentina; o presidente do Centro Partido do Carballiño; e o alcalde da Municipalidad de Vicente López
    De esquerda a dereita: o secretario xeral da Emigración; o alcalde de San Amaro, o vicepresidente da Deputación de Ourense; o alcalde do Carballiño; o embaixador de España na Arxentina; o presidente do Centro Partido do Carballiño; e o alcalde da Municipalidad de Vicente López
  • O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que entregou unha placa e animou a seguir traballando en prol da colectividade galega
    O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que entregou unha placa e animou a seguir traballando en prol da colectividade galega
  • O secretario xeral da Emigración fixo entrega ao presidente do Centro Partido do Carballiño, Emilio Nogueira, dunha placa conmemorativa do centenario da entidade galega
    O secretario xeral da Emigración fixo entrega ao presidente do Centro Partido do Carballiño, Emilio Nogueira, dunha placa conmemorativa do centenario da entidade galega
100º aniversario do Centro Partido do Carballiño de Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (A Arxentina), 18 de novembro de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou os socios e socias do Centro Partido do Carballiño a presumir de galeguidade durante os actos centrais de celebración do seu primeiro centenario, que tiveron lugar na sede da entidade. O titular galego da Emigración, acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, fixo extensiva a súa invitación a todas e todos os galegos de América “nun día de ledicia para Galicia e para todos nós. A conmemoración dun século de vida dunha entidade galega como a do Carballiño ten que ser un motivo de orgullo para todos e cada un dos galegos espallados polo mundo, porque implica que o lazo que nos une a todos a Galicia segue máis vivo ca nunca”.

O acto de conmemoración do centenario, que comezou cunha aperta simbólica cos grupos de baile, música e canto da colectividade, prolongouse ao longo de todo o día e xirou en torno ao xantar popular organizado polos socios e socias da entidade e ás actuacións musical do grupo de baile Airiños do Carballiño, entre outras. O programa festivo de hoxe, domingo, pon fin a preto dunha intensa semana de actividades culturais e sociais coas que as e os socios e as institucións públicas, entre as que se atopa a Secretaría Xeral da Emigración, quixeron celebrar a entrada do Centro Partido do Carballiño no reducido grupo dos centros galegos que contan con máis dun século de vida e esforzo en prol da colectividade galega na Arxentina.  

Reforzar os lazos culturais cos galegos e galegas do Uruguai
A axenda oficial do secretario xeral da Emigración levarao mañá ao Uruguai, onde manterá diversos encontros coa colectividade e presidirá a posta en marcha de varias propostas culturais coas que o Goberno galego busca estreitar os lazos que historicamente unen Galicia coas cidadás e os cidadáns galegos da outra beira do Atlántico. A inauguración dunha exposición sobre o cineasta galegouruguaio Manuel Arís, a do primeiro obradoiro gastronómico galego que se celebra no país, o Saborea Galicia, unha visita á Casa de Galicia e reunións con representantes dos galegos e galegas residentes no Uruguai conformarán os actos centrais do programa institucional do titular do departamento galego.

469 lecturas