Miranda recibe aos representantes da Casa de Galicia en Córdoba cos que analiza a posta en marcha de novas iniciativas culturais
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no seu despacho á vogal de Relacións Institucionais da Casa de Galicia en Córdoba, María Isabel García Cano, con quen analizou a posta en marcha para 2022 de novas iniciativas culturais.
Entre outros temas, destacaron a recuperación das actividades lúdico culturais, tanto no eido musical, como no formativo e na difusión e promoción do Xacobeo, co obxectivo non só de potenciar a cultura galega en Córdoba senón tamén co resto de entidades galegas de Andalucía.
Novas relacionadas