Miranda anima á Casa de Galicia en Córdoba a "seguir aproveitando" a riqueza galega e levala a toda Andalucía

Imaxe da reunión celebrada na sede de Emigración na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada na sede de Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión con Maribel García, representante da Casa de Galicia en Córdoba a quen animou a "seguir aproveitando a riqueza da cultura galega" e levala a todos os puntos de Andalucía. Durante o encontro, abordaron cuestións de relevancia para a comunidade galega residente en Andalucía, destacando a importancia de fortalecer os lazos culturais e sociais entre Galicia e os galegos que viven fóra. Ambos coincidiron na necesidade de impulsar novas iniciativas que promovan a cultura galega. 

Maribel García subliñou o compromiso da Casa de Galicia en Córdoba por seguir sendo un referente para os galegos na rexión, ofrecendo actividades culturais, educativas. Pola súa banda, Miranda reiterou o apoio da Secretaría Xeral da Emigración a estas iniciativas e propuxo a creación de novos proxectos para a difusión da nosa cultura. 

378 lecturas