Miranda felicita a Casa de Galicia en Córdoba polo traballo de promoción da cultura galega
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse cos representantes da Casa de Galicia en Córdoba, María Isabel García Cano e José Manuel de Bernardo Ares, co obxectivo de analizar novas liñas de cooperación futuras que a nova directiva está a impulsar nesta entidade. Tamén as accións culturais, como o premio Rosalía de Castro, que están a levar a cabo nos últimos meses para promocionar Galicia nesta localidade andaluza.
Neste senso, Miranda lembrou que a Secretaría Xeral renovou o seu compromiso de colaboración con estas iniciativas culturais que permiten difundir a lingua galega e a súa tradición literaria no sur de España. En especial, o responsable autonómico destacou a proxección internacional que segue a gañar, ano tras ano, o concurso literario “Rosalía de Castro” de poesía, convocado con motivo do Día das Letras Galegas, e que nesta pasada edición contou con preto dun milleiro de obras presentadas, algunhas chegadas de diferentes países de todo o mundo.
Novas relacionadas




