Miranda traslada a colaboración de Emigración á Irmandade Galega na Suíza para a posta en marcha dunha iniciativa de promoción do Xacobeo

O secretario xeral da Emigración e a presidenta da Irmandade Galega na Suíza, na sede da SXE na capital de Galicia
O secretario xeral da Emigración e a presidenta da Irmandade Galega na Suíza, na sede da SXE na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión coa presidenta da Irmandade Galega na Suíza, Ana María Mera, con quen analizou a posta en marcha dunha nova iniciativa de promoción do Xacobeo na contorna de Xenebra. 

Tal e como lle transmitiu Rodríguez Miranda a Ana María Mera, a Administración autonómica colaborará na iniciativa desta entidade exterior, centrada na vestimenta e na música tradicional galegas co obxectivo de dar a coñecer entre os veciños e veciñas deste cantón o Ano Santo compostelán así como a nosa cultura.

565 lecturas