Miranda felicita ao presidente do Centro Galego de Montreal pola posta en marcha dunha serie de actividades de cara á difusión do Camiño de Santiago no Canadá
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2022.
O presidente do Centro Galego de Montreal, Manuel Beiro, trasladoulle hoxe ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o interese da entidade en desenvolver actividades de promoción para difundir o Camiño de Santiago na cidade canadense. Deste xeito, Miranda felicitoulle por esta iniciativa e trasladoulle o compromiso de colaboración nas mesmas do departamento que dirixe.
Ambos reuníronse na sede da Secretaría Xeral da Emigración para coñecer a situación da entidade e dos galegos e galegas do exterior que residen no Canadá, en especial, analizando as dificultades que experimentaron estes últimos anos por mor da pandemia.
Novas relacionadas