Miranda recibe ao presidente do Centro Galego de Castellón, que retomou as súas actividades presenciais co gallo do Día das Letras Galegas

Miranda e Filgueira, durante a reunión celebrada na sede de Emigración na capital de Galicia
Miranda e Filgueira, durante a reunión celebrada na sede de Emigración na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Centro Galego de Castellón "O Aturuxo", Xosé Filgueira Fernández, con quen analizou a situación da colectividade galega na cidade da Plana e no resto da Comunidade Valenciana, en especial en relación á situación vivida nos últimos meses coa covid-19, así como o reinicio das actividades da propia entidade ante a mellora da situación actual, que tivo como punto de partida o Día das Letras Galegas, cunha lectura poética e teatralizada de Xela Arias a cargo do xograr galego Serafín Marcos na sede social "O Faiado".  

Miranda gabou o traballo que seguen a realizar  neste centro galego, “pese as complicacións xurdidas pola pandemia”, para manter viva a relación dos seus asociados e asociadas con Galicia.  A asociación é un lugar de referencia para o irmandamento e interconexión entre os galegos e galegas residentes nesta provincia valenciana. 

267 lecturas