Miranda e o presidente da Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa avanzan na colaboración para potenciar o contacto coas e cos galegos máis novos afincados na capital de Portugal

  • Imaxe da reunión telemática do secretario xeral da Emigración co presidente da Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
    Imaxe da reunión telemática do secretario xeral da Emigración co presidente da Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas un encontro telemático con Jesús Bescos Sinde, presidente da Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa, co obxectivo de avanzar na colaboración que permita potenciar o contacto coas galegas e galegos máis novos afincados na capital de Portugal.

Durante a reunión, Rodríguez Miranda e Bescos Sinde analizaron as necesidades da asociación e das e dos propios membros da colectividade, moi interesados na posta en marcha de iniciativas que dinamicen a cultura galega entre a mocidade en Lisboa. En Portugal residen actualmente un total de 4.771 cidadás e cidadáns galegos, dos que 1.681 son nados en Galicia e o resto, descendentes. 

488 lecturas