Miranda recibe ao presidente do Centro Español Apóstolo Santiago de Liechtenstein, con quen analizou as iniciativas que desenvolve a entidade na promoción da cultura galega

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 25 de agosto de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión no seu despacho co presidente do Centro Español Apóstolo Santiago de Liechtenstein, Manuel Figueroa, na que analizaron as actividades que a entidade vén desenvolvendo ao longo deste ano para difundir a cultura e tradicións galegas, así como as novas propostas previstas para os próximos meses. Miranda destacou o labor constante do centro como referente para a colectividade galega residente neste país centroeuropeo.

O Centro Español Apóstolo Santiago de Liechtenstein, fundado en 1979, é un dos máis veteranos de Europa. A maior parte dos galegos que residen neste principado proceden da Costa da Morte, mantendo un forte vínculo coa súa terra de orixe a través das numerosas iniciativas culturais e sociais que promove a entidade.

420 lecturas