Miranda recibe ao presidente da Casa de Galicia no Puerto de Santa María
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continuando coas audiencias a representantes das entidades galegas no exterior recibiu ao presidente da Casa de Galicia no Puerto de Santa María, Manuel Díaz Otero, con quen analizou a situación da colectividade galega así como os futuros proxectos da entidade.
Durante a reunión puido constatar o interese que esperta as diferentes iniciativas da Secretaría Xeral da Emigración orientadas as entidades para facelas participes do Xacobeo 20-21 a través dos programas “Conecta co Xacobeo” e Reencontros co Xacobeo”.
Miranda aproveitou a visita para agradecer o traballo que está a desenvolver esta e o resto de entidades de Andalucía como auténticas prescritoras da cultura galega e do propio Camiño de Santiago a través das diferentes iniciativas que están a promover.
Novas relacionadas