Miranda renova os contactos coas institucións de galegas e galegos en Andalucía cun encontro coa Casa de Galicia de Huelva

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión coa tesoureira da entidade, María Xosé López, para analizar as previsións de cara ao que resta de ano e o que vén.

  • Miranda e López, durante a reunión na sede de Emigración en Santiago de Compostela
    Miranda e López, durante a reunión na sede de Emigración en Santiago de Compostela
  • Miranda e López, durante a reunión na sede de Emigración en Santiago de Compostela
    Miranda e López, durante a reunión na sede de Emigración en Santiago de Compostela
  • Miranda e López, durante a reunión na sede de Emigración en Santiago de Compostela
    Miranda e López, durante a reunión na sede de Emigración en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, vén de renovar o contacto coas institucións de galegas e galegos residentes en Andalucía cunha reunión coa Casa de Galicia en Huelva. Ao encontro, que tamén serviu para analizar as previsións de cara ao que resta de ano e ao 2021, asistiu a tesoureira da entidade, María Xosé López.

Esta xuntanza dá continuidade á rolda de contactos, -presenciais nos casos que se pode e por videoconferencia noutros-, coa colectividade que está a levar a cabo o titular do departamento autonómico. 

Neste caso, o encontro permitiu avanzar propostas de actividades e colaboracións para o vindeiro exercicio, nun contexto dificultado pola actual crise sanitaria. O responsable autonómico salientou o traballo que viña desenvolvendo a Casa de Galicia en Huelva como difusora da cultura galega a través de diferentes iniciativas que promoven o irmandamento entre Galicia e Andalucía, e animouna a continuar nesta liña coas debidas precaucións actuais. 

Así, Rodríguez Miranda agradeceu a toda a directiva e aos socios e socias da entidade a súa implicación no bo funcionamento do centro, e animounos a seguir traballando para superar, xuntos, a situación actual. 

A Casa de Galicia foi fundada o 13 de marzo de 1998 por un grupo de  galegas e galegos chegados a Huelva por motivos laborais. Á asociación outorgóuselle a condición de Centro Colaborador da Xunta de Galicia por resolución do 7 de xullo de 1998 e na actualidade conta cun total de 178 familias asociadas, das que 150 son galegas.

En imaxes
177 lecturas