Miranda recibe en Santiago ao presidente do centro Airiños da nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet ao remate da súa peregrinación

O secretario xeral da Emigración, cos membros do Centro Cultural “Airiños da nosa Galicia” que peregrinaron a Compostela
O secretario xeral da Emigración, cos membros do Centro Cultural “Airiños da nosa Galicia” que peregrinaron a Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas, ante a catedral de Santiago de Compostela, ao presidente do Centro Cultural “Airiños da nosa Galicia” de Santa Coloma de Gramenet, ao remate da súa peregrinación polo Camiño dende Fisterra, que realizou en compañía de outros dous socios e socias da entidade.

O secretario xeral agradeceu ao presidente da entidade, Xosé Canosa, así como ás e aos seus acompañantes, a visibilidade que están a dar, a través da súa experiencia, ao Ano Santo, animando así a outras galegas e galegos afincados en Cataluña a realizar esta peregrinación. 

317 lecturas