Comeza o programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración coa chegada a Galicia dos case 140 galegas e galegos do exterior que coñecerán o Camiño de Santiago
Esta iniciativa, na que participan galegas e galegos de máis de 65 anos vinculados a entidades do exterior, ten como obxectivo difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo.
As e os participantes realizarán pequenos tramos dos últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas, dada a elevada idade dalgunha e dalgún dos participantes.
 Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes da Arxentina Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes da Arxentina
 Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes do Uruguai e Brasil Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes do Uruguai e Brasil
 Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes do País Vasco e Madrid Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes do País Vasco e Madrid
 Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes de Castelló, Las Palmas e Valencia Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes de Castelló, Las Palmas e Valencia
 Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes de Málaga Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes de Málaga
 Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes do Brasil Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes do Brasil
 Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes de Sevilla Imaxe da chegada das e dos participantes procedentes de Sevilla
 Imaxe da chegada das e dos participantes Imaxe da chegada das e dos participantes
 Imaxe da chegada das e dos participantes Imaxe da chegada das e dos participantes
As e os case 140 participantes do programa Reencontros co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración, procedentes de diferentes países de América e Europa, así como de distintas comunidades autónomas, chegaron hoxe ata os aeroportos de Santiago de Compostela e Vigo, iniciando mañá martes a súa peregrinación ata chegar o próximo domingo ata a praza do Obradoiro.
Esta iniciativa ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas de entre máis de 65 anos vinculadas ás entidades galegas do exterior.
A metade das e dos participantes realizará durante esta semana pequenas etapas do Camiño Portugués dende O Porriño e, o resto, a Vía da Prata dende Ourense, dada a avanzada idade dalgunha e dalgún dos participantes. Tamén desenvolverán actividades nas dúas residencias de tempo libre da Xunta onde se atopan aloxados, en Panxón e no Carballiño.
O obxectivo é que, unha vez vivida a experiencia, as e os participantes colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.
Este programa, que conta cunha dilatada traxectoria, desenvolveuse xa o ano pasado centrado no Ano Santo de cara a promocionar o Xacobeo sen perder o espírito de reencontro con Galicia co que naceu esta iniciativa fai máis de 30 anos.
Novas relacionadas
 
             
           
               
  		    


